Your online cultural life
english | español

Museo De Pontevedra[View Images]

Address:

C/ La Pasantería 10.
Pontevedra, Spain

Contact:
Museum Website
Phone: 986 851 455
Cvltvre Events

Nacía, tal e como se recolle no preámbulo da moción fundacional subscrita por aqueles tres corporativos, para completar o fecundo labor levado a cabo pola Sociedad Arqueológica de Pontevedra, a destacada institución creada en 1894 por D. Casto Sampedro y Folgar, á que, en efecto, acabará sucedendo nos seus cometidos e intereses e da que, tras a súa extinción o 30 de decembro de 1937 –a raíz do falecemento no mes de abril da eximia personalidade citada–, recibirá unha extraordinaria colección de obras de arte, pezas arqueolóxicas, documentos, libros e fotografías.

Outros datos ou referencias, polo que significaban neses momentos e, sobre todo, pola súa articulación futura, pois o espírito que inspirou a súa redacción continúa vixente aínda hoxe, deben valorarse na moción fundacional por riba de calquera outra consideración. En primeiro lugar, a proposta sobre a xestión do Museo, que se lle encomenda a un Padroado, base da súa autonomía, constituído por dez membros. En segundo lugar, a alusión ó contido do Museo, que se habería de asentar, fundamentalmente, non co carácter de exclusividade, matiz de enorme transcendencia, como se verá, na incorporación de “obxectos artísticos, arqueolóxicos e históricos de interese para coñecer o pasado da Provincia”.

Para a instalación do Museo adquiriuse no mes de maio de 1928 a D. Casimiro Gómez un fermoso edificio do século XVIII situado no centro histórico da cidade. Coidaron con agarimo da súa axeitada restauración, dirixida por Juan Argenti, arquitecto, Francisco Javier Sánchez Cantón e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, os tres integrantes do primeiro Padroado do Museo, constituído oficialmente e nesa casa o 30 de xaneiro de 1929, un mes despois da súa xuntanza no Pazo da Deputación, previa designación dos membros por parte desta, para a redacción e aprobación do seu regulamento, ó que a corporación prestou conformidade o 14 de xaneiro de 1929.

Opening Hours
Inverno (do 1 de outubro ó 31 de maio) * De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16h a 19h * Domingos e festivos: de 11h a 14h * Luns: pechado Verán (do 1 de xuño ó 30 de setembro) * De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:30h a 20:30h * Domingos e festivos: de 11h a 14h

Added by Melisssa Moreno
| More